Observatorio de Políticas Públicas en Materia de Discapacidade, Atención á Diversidade e Igualdade de Oportunidades
Traballamos por unha sociedade baseada no enfoque do ‘Deseño para todos’.
Analizamos a normativa, os plans, os programas e as accións de diferentes ámbitos públicos dende a perspectiva da atención á diversidade, co obxectivo de facer recomendacións e propostas de reforma, mellora ou innovación.
Que facemos?
Innovación
Impulsamos a innovación nas materias reguladas pola atención á diversidade.
Desenvolvemento
Fomentamos o desenvolvemento dunha sociedade baseada no enfoque do ‘Deseño para todos’.
Análise
Analizamos as políticas públicas dende unha perspectiva da atención á diversidade.
As nosas liñas de actuación
Investigación
Centramos as nosas primeiras investigacións no estudo dos dereitos dos estudantes con discapacidade na Universidade. O principal resultado desta investigación é a elaboración dunha Carta que contén o decálogo de dereitos que se consideran imprescindibles e irrenunciables.
Formación
Realizamos Obradoiros para a inclusión e Seminarios para promover a formación de profesionais e o persoal que traballa con persoas con discapacidade, tal e como detalla a Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade (artigo 4.1.i).
Sensibilización
Fomentamos accións de sensibilización en distintos ámbitos da sociedade con transferencia e divulgación dos resultados de investigacións e actividades formativas. A Convención recolle o compromiso de adoptar medidas inmediatas, efectivas e pertinentes dirixidas á “toma de conciencia” (artigo 8).
Actividades
IV Congreso nacional e internacional sobre acceso á xustiza de persoas con discapacidade
Los días 13 y 14 de octubre se celebrará el IV Congreso nacional e internacional sobre acceso a la justicia de personas con discapacidad coorganizado por el Poder Judicial de Perú y nuestro Observatorio. Os invitamos a asistir completando la inscripción (en el apartado web Actividades)
Discriminación no traballo e inclusión laboral das personas con discapacidade. Análise comparado da xurisprudencia Perú-España
Convidámosvos a asistir ao seminario virtual organizado polo Poder Xudicial do Perú e o Observatorio, a celebrar os días 5 e 6 de jullo de 2022.
Conversas sobre persoas con discapacidade e en risco de exclusión na contratación pública
O 7 de xuño continuando cos nosos seminarios, conversamos sobre as persoas con discapacidade e en risco de exclusión no eido da contratación pública
Discriminación cara ás persoas con discapacidade: Análise comparada na xurisprudencia Perú-España
O pasado 5 de maio tivo lugar o seminario vinculado ás actividades relacionadas co Acordo do Observatorio co Poder Xudicial de Perú (acordo subscrito en marzo 2022).
Conversas sobre Discapacidade e cambio climático
O pasado 22 de marzo tratamos acerca da relación entre discapacidade e cambio climático, coa aportación especial de Miren Sarasibar Iriarte.
Actualidade
Xornadas sobre Dereito, TDAH e outros trastornos do neurodesenvolvemento
Os membros do Observatorio de Políticas Públicas en Materia de Discapacidad, Atención a la Diversidad e Igualdad de Oportunidades, Jorge López-Veiga e Ibeth G. Atoche asistiron ás II Xornadas sobre Dereito, TDAH e outros trastornos do …
Proxecto CE10 ponente no Curso de verán sobre Discapacidade e Educación Superior da UCLM
A Universidade de Castela-A Mancha (UCLM) a través do seu Vicerreitorado de Cultura, Deporte e Extensión Universitaria organiza, para os días 2 e 3 de xullo de 2020, o Curso …
Proxecto CE10 incorporado como colaborador no Foro de Educación Inclusiva (FEI)
Proxecto CE10 entrou a formar parte do grupo de colaboradores do Foro de Educación Inclusiva: una universidad abierta a la diversidad (FEI). Este Foro pretende crear un espazo onde os membros da …
Carta dos Dereitos dos Estudantes con Discapacidade na Universidade
A Universidade como unha institución inclusiva en todas as súas etapas da nosa vida.