Formamos en materia de discapacidade, diversidade e igualdade de oportunidades
En Proxecto CE10, realizamos actividades de formación para promover unha sociedade en igualdade de dereitos e oportunidades.
Seminarios pasados
IV Congreso nacional e internacional sobre acceso á xustiza de persoas con discapacidade
O Congreso internacional celebrado os días 13 e 14 de outubro de 2022 estivo orientado nunha análise transversal da materialización práctica dos dereitos das persoas con discapacidade, en especial o seu acceso á Xustiza. A organización foi a cargo do Poder Judicial del Perú coa colaboración do noso Observatorio.
No Congreso interviron, entre outros, dous dos membros fundadores do Observatorio, Marta García Pérez, inaugurando ámbalas dúas xornadas, e Jorge López-Veiga Brea, como ponente no segundo día, expoñendo o tema da inserción laboral dos estudantes con discapacidade nas universidades españolas.
Consulte o programa completo do Congreso premendo no seu enlace.
Visualice as dúas xornadas do Congreso premendo nos seguintes enlaces ás RR.SS. do Poder Judicial del Perú.
Discriminación no traballo e inclusión laboral das personas con discapacidade. Análise comparado da xurisprudencia Perú-España
Nos días 5 e 6 de xullo celebrouse a segunda actividade relacionada co Acordo do Observatorio co Poder Judicial del Perú.
Nesta ocasión o Seminario internacional estaba orientado á inserción laboral das personas con discapacidade. Nas xornadas interviron, entre outros, os nosos membros fundadores do Observatorio, Marta García Pérez, inaugurando ámbalas dúas xornadas, e Jorge López-Veiga Brea, como ponente no primeiro día, expoñendo o tema da inserción laboral da discapacidade no eido da Contratación pública española.
Consulte o programa completo do seminario premendo no seu enlace.
Visualice o seminario completo premendo nos siguintes enlaces ás RR.SS. do Poder Judicial del Perú.
Conversas sobre persoas con discapacidade e en risco de exclusión na contratación pública
O martes 7 de xuño conversamos sobre a regulación das persoas con discapacidade e en risco de exclusión social na Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público, con Diana Gordo Cano, avogada experta en Contratación Pública, integrante do despacho de Javier Vázquez Matilla. Presenta e modera Jorge López-Veiga Brea, membro fundador do Observatorio.
Consulta o vídeo do seminario completo.
Conversas sobre Discapacidade e cambio climático
O pasado 22 de marzo tratamos acerca da relación entre discapacidade e cambio climático, coa aportación especial de Miren Sarasibar Iriarte. Presenta e modera Jennifer Sánchez González, membro fundador do Observatorio.
Podes consultar o vídeo completo do seminario.
Discriminación cara ás persoas con discapacidade: Análise comparada na xurisprudencia Perú-España
O pasado 5 de maio tivo lugar o seminario vinculado ás actividades relacionadas co Acordo do Observatorio co Poder Xudicial de Perú (acordo subscrito en marzo 2022).
Nesta primeira sesión do Seminario internacional interviñeron, entre outros, os nosos membros fundadores do Observatorio, Marta García Pérez e Jennifer Sánchez González, como ponente e como comentarista respectivamente, expoñendo a temática da discapacidade reflexa no ámbito xurisprudencial español.
Consulta o vídeo completo do seminario.