Xornadas sobre Dereito, TDAH e outros trastornos do neurodesenvolvemento

26 de Xullo de 2022

Cartel

Os membros do Observatorio de Políticas Públicas en Materia de Discapacidad, Atención a la Diversidad e Igualdad de OportunidadesJorge López-Veiga e Ibeth G. Atoche asistiron ás II Xornadas sobre Dereito, TDAH e outros trastornos do neurodesenvolvemento, organizadas pola Fundación INGADA, celebradas o 17 de xuño de 2022 na facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Participantes jornadas 1
Ponentes y asistentes de la Jornada


As ponencias da xornada estaban dirixidas principalmente a profesionais do eido xurídico-legal, clínico-asistencial, educativo e social. No arquivo que se adxunta a continuación, os membros do Observatorio (Proxecto CE10) asistentes relatan a modo de crónica, un resumo das ponencias da xornada:

Programa 1
Programa das II Xornadas sobre Dereito, TDAH e outros trastornos do neurodesenvolvemento





Ademáis da información sobre as citadas Xornadas, lembramos que tanto a Fundación INGADA, a Fundación María José Jove e a Universidade da Coruña (a través da súa unidade de Atención á Diversidade (ADI) elaboraron una guía de boas prácticas respecto ao alumnado universitario con TDAH, esta Guía reúne consellos útiles para o profesorado, para as familias e para o alumnado con e sen TDAH. Unha publicación pioneira coa finalidade de abrir o camiño cara unha educación universitaria inclusiva e que serva de pulo a outras universidades ou entidades a poñer en marcha iniciativas encamiñadas a lograr este fin. Aproveitamos para adxuntar a citada Guía: