Paloma Caneiro González
Doutoranda e investigadora Universidade da Coruña

“Tiña unha mente privilexiada e, sobre todo, unha forza de vontade, tesón e orgullo que a facían un ser moi especial”.
Licenciada en Relacións Laborais e Dereito pola Universidade da Coruña.
Mestrado en Asesoramento Xurídico Empresarial, especialidade en Dereito Urbanístico, pola Universidade da Coruña.
Era experta en Dereitos humanos e discapacidade e foi relatora na mesa redonda “Experiencias e visións sobre diversidades na Universidade” na Xornada sobre responsabilidade social e diversidades da UDC.
Foi doutoranda en Dereito Administrativo Iberoamericano do Grupo de Investigación “Dereito Público Global” da Universidade da Coruña ata o seu falecemento en 2018.