Proxecto CE10 participa nun taller sobre transferencia de resultados de investigación organizado pola Fundación General Consejo Superior de Investigaciones Científicas (FGCSIC)

14 de Marzo de 2017

Fundación General CSIC, xunto coa agrupación empresarial Plataforma del Español, organizou durante os días 1 e 2 de decembro, no Real Jardín Botánico de Madrid, o taller “Desenvolvemento competencial para a transferencia de coñecemento en Humanidades e Ciencias Sociais”, que contou coa participación de expertos nesta materia, así como coa participación de investigadores e grupos de investigación que presentaron aos asistentes cadansúa iniciativa de transferencia.

O taller consistía na existencia de dous módulos. O primeiro, de carácter formativo, estivo integrado por seis relatorios, impartidos por expertos en transferencia de coñecemento, que maioritariamente desenvolven a súa actividade no sector privado, e unha mesa redonda, que reuníu aos seis relatores.

O segundo módulo posibilitou a presentación dun total de 14 iniciativas de transferencia, abertas aos investigadores da área de Humanidades e Ciencias Sociais e dirixidas a un xurado formado por especialistas en distintas áreas empresariais e fomento do emprendemento. A cada presentación sucedíalle a intervención do panel de expertos, que participaba activamente con comentarios, preguntas e suxestións sobre cada proxecto.

CE10, representando á Universidade da CoruñaDereito Público Global-, formou parte desas 14 iniciativas que presentaron unha transferencia de resultados. Na presentación os membros de CE10, Jennifer Sánchez González e Jorge López-Veiga Brea, deron a coñecer as liñas de investigación adoptadas polo Observatorio xunto coas súas publicacións, ao mesmo tempo que presentaban un programa de inclusión para estudantes universitarios con discapacidade, que foi froito da análise desenvolvida no Informe “Cuestións xurídico administrativas no tocante á inclusión do alumnado universitario con discapacidade e necesidades educativas especiais”.

3

4