A Fundación ONCE organizou a terceira edición do Congreso Internacional Universidad y Discapacidad (CIUD), este Congreso de carácter bianual tiña por título nesta edición: “Unha Universidade inclusiva para unha Sociedade incluínte”. Este encontro celebrouse en Madrid os días 10 e 11 de novembro no Centro Deportivo e Cultural da ONCE.
O III CIUD conta coa implicación do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad; o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte; o Real Patronato sobre Discapacidad; a Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación, la Ciencia y la Cultura (OEI); a Conferencia de Rectores de las Universidades Españolas (CRUE); o Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI), e o Fondo Social Europeo. Fundación Vodafone España, Fundación Universia e Google tamén sumáronse á iniciativa como entidades colaboradoras.
O obxectivo principal do Congreso é dar a coñecer as experiencias e necesidades das persoas con discapacidade na súa etapa universitaria, cunha visión internacional e desde os distintos eidos que lles afectan: modelos e prácticas formativas e políticas que propicien a súa inclusión. Ao mesmo tempo, tamén persegue intercambiar modelos e boas prácticas de universidades de todo o mundo e dar a coñecer as últimas investigacións e redes tecnolóxicas no eido da discapacidade, especialmente, e de maneira transversal no campo do deseño para todos e a accesibilidade universal.
Isabel Martínez Lozano, comisionada para a Universidade, Xuventude e Plans Especiais da Fundación ONCE, destacou a alta implicación que se logrou no CIUD por parte de universidades españolas e internacionais, de administracións, expertos, e tamén polo número de comunicacións e experiencias que se presentarán nesta terceira edición. Según declarou, a convocatoria rexistrou máis de 200 peticións de comunicacións e finalmente foron 63 as que se presentaron. Ademáis, creouse unha sección de posters onde os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer unha treintena de experiencias en materia de inclusión educativa.
O Proxecto CE10 foi unha das entidades que obtivo a aceptación para presentar unha comunicación no Congreso, o título desta foi: Conclusiones del Informe “Cuestiones jurídico-administrativas en torno a la inclusión del alumnado universitario con discapacidad y necesidades educativas especiales”. Para a súa exposición dentro do grupo de traballo Universidade inclusiva (do día 11), acudiron en representación do Observatorio, Paloma Caneiro González e Jorge López-Veiga Brea.
Cúmprese así cunha das finalidades de CE10, a divulgación e transferencia das súas investigacións, neste caso o Informe “Cuestiones jurídico-administrativas en torno a la inclusión del alumnado universitario con discapacidad y necesidades educativas especiales”; o CIUD é, abofé, un foro de referencia mundial no intercambio de experiencias e coñecemento, que posibilita ser un marco de encontro para a sinerxia de avances no eido da educación e discapacidade.