Xose María Picatoste Novo
Profesor interino de Economía na Universidade da Coruña

Profesor do Departamento de Economía na Universidade da Coruña.
Os seus principais intereses de investigación céntranse no mercado laboral e a sustentabilidade social, no contexto das políticas públicas dirixidas a lograr unha sociedade máis inclusiva, sostible e igualitaria e en liña co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 8.
É membro de comités científicos e organizadores de congresos internacionais e de consellos editoriais de publicacións científicas.
Traxectoria
Anteriormente, foi persoal docente e de investigación na Universidade Autónoma de Madrid e na UNED. Así mesmo, foi profesor convidado na Bucharest University of Economic Studies, de Romanía.
Realizou estancias de investigación e docencia en diversas universidades, entre as que destaca a Universidade de Oxford e o ISCAP do Porto.
A súa investigación foi publicada nas máis prestixiosas revistas científicas, libros e capítulos a nivel mundial.
A súa labor docente e investigadora foi recoñecida con premios internacionais.