Lena Van Dülmen
Licenciada en Dereito Westfälische Wilhems-Universität
Licenciada en Dereito pola Westfälische Wilhems- Universität en Münster, Alemaña.
Traballa no Scottish Child Law Centre ( SCLC) en Edimburgo, unha organización sobre os dereitos dos nenos que ofrece cursos xurídicos e consello legal gratuíto sobre dereitos dos nenos en Escocia.
É a administradora do “Family Decision Making Project”, que fai soporte a familias separadas ou en separación.
Traxectoria
Diploma en Dereito Estranxeiro (dous anos de programa FFA, cursado en inglés).
Cualificouse como avogada no Ministerio de Xustiza de Düsseldorf, Alemaña.
Fixo as prácticas de avogacía en Escocia e en Alemaña na Shériff Court, City Council (departamento de naturalización), Prosecution e unha firma de Dereito de Familia na cidade de Essen.
Participou na organización da mesa redonda do SCLC “Getting it Right for the Immigrant Child” no Parlamento escocés en Edimburgo.