Jennifer Sánchez González
Profesora interina de Dereito Administrativo Universidade da Coruña
Profesora interina de Grao en Dereito e Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos da Universidade da Coruña e Secretaria académica da Red Ecover “Red Mercado e Medio Ambiente. Propostas xurídicas para unha economía verde”.
É Doutora en Dereito pola Universidade da Coruña.
Traxectoria
Licenciada en Dereito pola Universidade de Salamanca e Mestrado en Asesoramento Xurídico Empresarial, con especialidade en Dereito Ambiental, pola Universidade da Coruña.
Foi bolseira en prácticas no departamento de asesoría xurídica da Corporación Voz de Galicia e realizou unha internship no Scottish Child Law Centre de Edimburgo.