Francisco Javier Sanz Larruga
Catedrático de Dereito Administrativo Universidade da Coruña

Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña.
Desenvolve as súas actividades docentes e investigadoras na Universidade da Coruña, como membro do Grupo de Investigación “Dereito Público Global”.
Fundador e director do Observatorio do Litoral da Universidade da Coruña.
É membro do Observatorio español de Políticas Públicas Ambientais e da Comisión Executiva do “Campus do Mar» de Excelencia Internacional.
Tamén pertence ao Centro de Excelencia “Jean Monnet” da Universidade da Coruña e á Xunta Académica de Instituto de Medio Ambiente da mesma universidade.
Traxectoria
Licenciado e Doutor en Dereito pola Universidad de Navarra.
Autor de dous manuais, catro monografías e máis dun centenar de colaboracións en publicacións colectivas e revistas especializadas, principalmente en materia de Dereito Ambiental. Tamén dirixiu catro libros colectivos nesta temática. Foi investigador principal en cinco proxectos de investigación, así como investigador asociado en dez proxectos financiados por entidades autonómicas, nacionais e comunitarias.