Membros de Proxecto CE10 colaboran na novidosa publicación anual sobre discapacidade da Fundación Derecho y Discapacidad e o CERMI

14 de Marzo de 2017

Fundación Derecho y Discapacidad e o CERMI recentemente fixeron o lanzamento do primeiro número de “Anales de Derecho y Discapacidad”, publicación periódica anual que aspira a converterse en referencia no eido dos estudos sobre dereitos e protección xurídica das persoas con discapacidade.

Este primeiro volume está dedicado monográficamente a examinar o impacto e a aplicación da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade en España, no décimo aniversario da aprobación deste tratado internacional de dereitos humáns. Neste número, correspondente ao ano 2016, inclúense oito estudos de fondo, dúas notas e unha nova, a cargo de distintos analistas e expertos xurídicos, alcanzado case as 200 páxinas.

Entre os autores atópanse algúns membros do Proyecto CE10. O investigador Jorge López-Veiga Brea é autor dun estudo de fondo sobre a orixe e a situación actual da lexislación internacional da discapacidade; por outra banda, a investigadora Paloma Caneiro González xunto coa colaboradora Crístel Pérez Hermida, son as autoras dunha nota xurisprudencial relativa á discapacidade na educación, abordando o antes e despois da ratificación da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade de 2006.

Con carácter anual, “Anales de Derecho y Discapacidad” irá reunindo artigos, recensións, críticas e notas de interese e actualidade sobre as interaccións do ordenamento xurídico e o fenómeno da discapacidade. Colmándose así unha lagoa no panorama da nosa literatura e bibliografías xurídicas, que carecían ata o de agora dunha publicación periódica de altura académica e doutrinal sobre as relacións entre Dereito e persoas con discapacidade.

revista-anales-de-derecho-y-discapacidad