Publicacións

A contratación pública de servizos ás personas trala aprobación das directivas europeas de cuarta xeración: Un novo horizonte nas políticas sociais autonómicas

Artigo elaborado por Jorge López-Veiga Brea publicado no número 53/2017 da REGAP: Revista Galega de Administración Pública da Escola Galega de Administración Pública (Xunta de Galicia). A nota atópase nas páxinas 155 a 176 (galego) e 441 a 464 (castelán). O número da REGAP corresponde ao semestre xaneiro-xuño 2017, publicado en decembro de 2017, co ISSN: 1132-8371.

Ler más

INFORME  “CUESTIÓNS XURÍDICO-ADMINISTRATIVAS NO TOCANTE Á INCLUSIÓN DO ALUMNADO UNIVERSITARIO CON DISCAPACIDADE E NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS”

Publicación principal do Proxecto CE10. O Informe contén unha análise exhaustiva do marco normativo internacional, europeo e español sobre a discapacidade que se completa cunha especial profundización no referente ao ámbito educativo. Pero a parte máis relevante, ao noso xuízo, por pouca explorada ata o de agora, refírese ao análise das políticas públicas sobre discapacidade impulsadas no eido universitario, cinguido ás institucións públicas, e á vista das informacións que de modo aberto ofrécense aos futuros estudantes nas súas respectivas webs: guías, plans, programas, proxectos e protocolos foron obxecto de recompilación, sistematización e análise, nun traballo intenso de discusión e debate cuxas principais conclusións recóllense no texto.

Se desexa solicitar o Informe é preciso facilitar uns datos para que este se envíe por enderezo electrónico, para elo debe premer na pestana seguinte:

Solicite o Informe

Conclusións do Informe “Cuestións xurídico-administrativas no tocante á inclusión do alumnado universitario con discapacidade e necesidades educativas especiais”

Comunicación presentada por Paloma Caneiro González e Jorge López-Veiga Brea no III Congreso Internacional Universidad y Discapacidad (CIUD) “Una Universidad inclusiva para una Sociedad incluyente”, (dentro do Grupo 1 – Universidade inclusiva), organizado pola Fundación ONCE, Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, CERMI, CRUE, OEI, celebrado en Madrid os días 10 e 11 de novembro de 2016.

Ler máis

Pasado e presente do marco normativo global da discapacidade

Estudio de fondo elaborado por Jorge López-Veiga Brea publicado no número un da revista “Anales de Derecho y Discapacidad” da Fundación Derecho y Discapacidad e o CERMI (setembro 2016). O estudio de fondo atópase nas páxinas 29 a 50.

Ler máis

O tratamento xurisprudencial da discapacidade no sector educativo antes e despois da ratificación da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade aprobada en Nova York

Nota xurisprudencial elaborada por Paloma Caneiro González e Crístel Magdalena Pérez Hermida publicada no número un da revista “Anales de Derecho y Discapacidad” da Fundación Derecho y Discapacidad e o CERMI (setembro 2016). A nota atópase nas páxinas 169 a 175.

Ler máis

Os criterios éticos e sociais na contratación pública: Referencias ao tratamento da discapacidade no vixente Texto Refundido e no Anteproxecto de Lei de Contratos do Sector Público

Comunicación presentada por Jorge López-Veiga Brea no Congreso Internacional sobre Contratación Pública, celebrado na Universidad de Castilla-La Mancha (Cuenca), o 21 e 22 de xaneiro de 2016. Publicada na obra Observatorio de los contratos públicos 2015, de J.M. Gimeno Feliú, editorial Aranzadi (agosto 2016). Na obra atópase tamén outra comunicación da investigadora de CE10, María del Carmen Rodríguez Martín-Retortillo.

Ler máis

Novidades relacionadas coa contratación pública socialmente responsable. Especial referencia á discapacidade no Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público de España

Comunicación presentada por Jorge López-Veiga Brea nas IX Xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano, celebradas no Pazo de Mariñán (A Coruña) entre os días 14 e 18 de marzo de 2016.

Ler máis

O Dereito á Dignidade das Persoas con Discapacidade e a súa Vulneración mediante Distintas Actuacións da Administración

Comunicación presentada por Paloma Caneiro González nas IX Xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano, celebradas no Pazo de Mariñán (A Coruña) entre os días 14 e 18 de marzo de 2016.

Ler máis

As cláusulas de contido social. O seu establecemento como condicións especiais na execución dos contratos públicos

Comunicación presentada por Jorge López-Veiga Brea nas VIII Xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano, celebradas no Pazo de Mariñán (A Coruña) entre os días 9 e 13 de marzo de 2015.

Ler máis

O Dereito á igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade e a contratación pública no Dereito Español

Comunicación presentada por Paloma Caneiro González nas VIII Xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano, celebradas no Pazo de Mariñán (A Coruña) entre os días 9 e 13 de marzo de 2015.

Ler máis

Cara unha Carta dos Dereitos dos Estudantes con Discapacidade na Universidade

Comunicación presentada no II Congreso Internacional Universidad y Discapacidad (CIUD). “Universidades Inclusivas, Universidades de Futuro”, organizado pola Fundación ONCE, Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad, CERMI y CRUE, celebrado en Madrid os días 27 e 28 de novembro de 2014.

Ler máis