Proxecto CE10 incorporado como colaborador no Foro de Educación Inclusiva (FEI)

Proxecto CE10 entrou a formar parte do grupo de colaboradores do Foro de Educación Inclusiva: una universidad abierta a la diversidad (FEI). Este Foro pretende crear un espazo onde os membros da comunidade universitaria poidan establecer contacto e compartir coñecementos e experiencias que contribúan a crear e consolidar un marco universitario inclusivo.

Entre os obxectivos do FEI destaca, principalmente, o de servir de plataforma para presentar prácticas innovadoras no eido de metodoloxía docente inclusiva: boas prácticas, recursos e adaptacións, comunicación e experiencias docentes, etc., todo iso co fin de crear espazos colaborativos e de apoio ao profesorado na atención a alumnos con discapacidade, respondendo aos principios de accesibilidade e diseño para todos da Comunidade universitaria.

O FEI pertence ao Proyecto Aristos Campus Mundus 2015 (ACM 2015), impulsado pola Universidad de Deusto, a Universidad Pontificia Comillas, e a Universitat Ramon Llull, nace co gallo de potenciar a excelencia académica, docente e investigadora e a plena globalización dos seus proxectos universitarios que implican a aposta conxunta pola innovación social, responsable e sostible.

Dentro do compoñente social de ACM 2015, encaixa a creación do Foro de Educación Inclusiva, dirixido á mellora da inclusión das persoas con diversidade funcional no ámbito educativo superior, posibilitando a máxima accesibilidade física, social e comunicativa e que á súa vez materializa os principios que deben liderar un proxecto de carácter global: Traballo en rede, Educación Inclusiva e Comunicación 2.0.

As referencias ao Proxecto CE10 atópanse no seguinte enlace: http://blogs.comillas.edu/fei/?s=ce10