Presentación do Proxecto CE10 no Congreso Internacional Institucións Administrativas Inclusión, Paz e Convivencia, celebrado en Colombia

14 de Marzo de 2017

Os días do 24 ao 28 de outubro celebráronse, na cidade de Bogotá (Colombia), o XV Foro Iberoamericano de Dereito Administrativo e o Congreso Internacional Institucións Administrativas Inclusión, Paz e Convivencia.

Foro Iberoamericano de Dereito Administrativo (FIDA) foi concibido en 2002 como eixe rexional dos xuristas iberoamericanos especializados na disciplina, ‘co fin de intercambiar coñecementos e experiencias atinentes á materia e, dese modo, contribuir ao melloramento do réxime xurídico dos seus países e ao logro dunha actuación estatal acorde coas esixencias derivadas dun Estado comprometido coa Xustiza e sometido ao Dereito’. Nesta edición a temática principal versaba sobre: A función social da Administración.

Congreso Internacional Institucións Administrativas Inclusión, Paz e Convivencia, tivo unha sesión plenaria na que expertos internacionais, os membros do FIDA, maxistrados, académicos e profesores invitados debatiron igualmente en paneis simultáneos no tocante a 4 eixes temáticos: Organización do Estado e estratexias para a convivencia, Acceso e eficacia da acción estatal como instrumentos para a Inclusión,  Dereitos e deberes das persoas fronte á paz, A Paz como principio, como valor e como dereito fundamental.

foto-fida-2016

Durante o citado Congreso, Javier Sanz Larruga, membro do Observatorio de Políticas Públicas en Materia de Discapacidade, Atención á Diversidade e Igualdade de Oportunidades (CE10), despois da súa exposición prevista das políticas de desenvolvemento e medio ambiente, presentou á audiencia o Proxecto CE10 e as súas liñas de traballo e investigación, anticipando novas actuacións futuras, como a inminente publicación do Informe “Cuestións xurídico-administrativas no tocante á inclusión do alumnado universitario con discapacidade e necesidades educativas especiais” ou o seu proceso de internacionalización a través de posibles convenios de colaboración con universidades iberoamericanas.

javier-fida

Dentro do panel “Dereitos sociais Inclusión Social e convivencia” do Congreso interviron, entre outros, J.A. Moreno Molina (España) co seu relatorio “A protección constitucional das persoas con discapacidade” e Luis José Bejar Rivera (México) co seu relatorio “Inclusión das persoas con discapacidade”.