O programa ‘Oportunidad al Talento’ renova a bolsa da investigadora Paloma Caneiro

A Fundación ONCE renovou a bolsa do programa ‘Oportunidad al Talento‘ para estudantes universitarios con discapacidade á investigadora, e integrante do Proxecto CE10, Paloma Caneiro. A convocatoria para o curso académico 2015-2016 incluía a modalidade de bolsas de Doctorado e Investigación, dotadas con 12.000 e 25.000 euros respectivamente.

A comisión evaluadora presidida pola Secretaria Xeral da Fundación ONCE, e formada por un representante do CERMI, un representante da CRUE e a Comisionada para Universidade da Fundación ONCE como Secretaria, reuniuse o pasado 29 de outubro de 2015 e, tras analizar as solicitudes presentadas, en base aos criterios de avaliación , resolviu a concesión da axuda a Paloma Caneiro, na imaxe xunto á vicerreitora do Campus de Ferrol e de Responsabilidad Social da Universidade da Coruña, Araceli Torres Miño, o día da entrega da bolsa nas instalacións da Fundación ONCE de Madrid.

RenovaciónBecaPalomaCaneiro

Pode ver aquí a resolución de Fundación ONCE.