Paloma Caneiro González

Paloma Caneiro González

Licenciada en Relacións Laborais e Dereito, ambas titulacións pola Universidade da Coruña, e Mestrado en Asesoramento Xurídico Empresarial, especialidade en Dereito Urbanístico, pola Universidade da Coruña. É experta en Dereitos humanos e discapacidade, e foi relatora na Xornada sobre responsabilidade social e diversidades da UDC, mesa redonda: “Experiencias e visións sobre diversidades na Universidade”. Na actualidade é doutoranda en Dereito Administrativo Iberoamericano do Grupo de Investigación “Dereito Público Global” da Universidade da Coruña.