Marta García Pérez

Marta García Pérez

Doutora en Dereito pola Universidade da Coruña. Catedrática de Dereito Administrativo, desenvolve as súas actividades docentes e investigadoras na Universidade da Coruña, como membro do Grupo de Investigación “Dereito Público Global”. Autora de catro monografías e numerosos artigos en revistas especializadas, é experta en temas relacionados co medio e o litoral, a xustiza administrativa e outros medios de resolución de conflitos, a boa administración e a contratación pública. Foi secretaria xeral da Universidade da Coruña e Maxistrada suplente no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.