Jorge López-Veiga Brea

Jorge López-Veiga Brea

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Colexiado no Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela co número 2716. Mestrado de Asesoramento Xurídico Empresarial pola Universidade da Coruña, especialidade en Dereito Ambiental. É alumno do Doutoramento en Dereito Administrativo Iberoamericano do Grupo de Investigación “Dereito Público Global” da Universidade da Coruña. Foi Secretario Académico do I Curso Euro-Brasileiro de Contratación Pública e das VIII Xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano. Foi pasante en despachos de avogados. Na actualidade é Secretario Académico da Rede Iberoamericana de Contratación Pública (REDICOP) e Secretario Académico do Seminario de Contratación Pública da Universidade da Coruña.