Jennifer Sánchez González

Jennifer Sánchez González

Licenciada en Dereito pola Universidade de Salamanca, Mestrado en Asesoramento Xurídico Empresarial, con especialidade en Dereito Ambiental, pola Universidade da Coruña, e estudante de Doutoramento en Dereito da mesma Universidade. Foi bolseira en prácticas no departamento de asesoría xurídica da Corporación Voz de Galicia e realizou unha internship no Scottish Child Law Centre de Edimburgo. Na actualidade é profesora interina de Grao en Dereito e Grao en Relacións Laborais e Recursos Humáns da Universidade da Coruña, tamén é Secretaria académica da Rede Ecover “Rede Mercado e Medio Ambiente. Propostas xurídicas para unha economía verde”.