Francisco Javier Sanz Larruga

Javier_Sanz_Larruga

Licenciado e Doutor en Dereito pola Universidade de Navarra. Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña. Membro do Grupo de Investigación “Dereito Público Global”. Autor de dous manuais, catro monografías e máis dun centenar de colaboracións en publicacións colectivas e revistas especializadas, principalmente en materia de Dereito Ambiental. Tamén dirixiu catro libros colectivos nesta temática. Foi investigador principal en cinco proxectos de investigación, así como investigador asociado en dez proxectos financiados por entidades autonómicas, nacionais e comunitarias. 

Foi fundador e director do Observatorio do Litoral da Universidade da Coruña. É membro do Observatorio español de Políticas Públicas Ambientais e membro da Comisión Executiva do “Campus do Mar” de Excelencia Internacional. Tamén pertence ao Centro de Excelencia “Jean Monnet” da Universidade da Coruña e á Xunta Académica do Instituto de Medio Ambiente da mesma universidade.