Autor: Proyecto CE10

Proxecto CE10 incorporado como colaborador no Foro de Educación Inclusiva (FEI)

Proxecto CE10 entrou a formar parte do grupo de colaboradores do Foro de Educación Inclusiva: una universidad abierta a la diversidad (FEI). Este Foro pretende crear un espazo onde os membros da comunidade universitaria poidan establecer contacto e compartir coñecementos e experiencias que contribúan a crear e consolidar un marco universitario inclusivo.

Proxecto CE10 participa nun taller sobre transferencia de resultados de investigación organizado pola Fundación General Consejo Superior de Investigaciones Científicas (FGCSIC)

A Fundación General CSIC, xunto coa agrupación empresarial Plataforma del Español, organizou durante os días 1 e 2 de decembro, no Real Jardín Botánico de Madrid, o taller “Desenvolvemento competencial para a transferencia de coñecemento en Humanidades e Ciencias Sociais”, que contou coa participación de expertos nesta materia, así como coa participación de investigadores e grupos de […]

Presentación oficial do Informe “Cuestións xurídico administrativas no tocante á inclusión do alumnado universitario con discapacidade e necesidades educativas especiais”

Proxecto CE10 e o Consello Social organizaron a Xornada ‘Universidade, discapacidade e inclusión. Estado da cuestión e retos de futuro’ que celebrouse o mércores 23 de novembro no Salón de Graos da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña (UDC). Esta Xornada tivo como obxectivo a presentación das conclusións do informe “Cuestións xurídico administrativas no tocante […]

O Proxecto CE10 presenta no III CIUD as conclusións do Informe sobre estudantes con discapacidade e necesidades educativas especiais na Universidade

A Fundación ONCE organizou a terceira edición do Congreso Internacional Universidad y Discapacidad (CIUD), este Congreso de carácter bianual tiña por título nesta edición: “Unha Universidade inclusiva para unha Sociedade incluínte”. Este encontro celebrouse en Madrid os días 10 e 11 de novembro no Centro Deportivo e Cultural da ONCE.