Proxecto CE10 ponente no Curso de verán sobre Discapacidade e Educación Superior da UCLM

A Universidade de Castela-A Mancha (UCLM) a través do seu Vicerreitorado de Cultura, Deporte e Extensión Universitaria organiza, para os días 2 e 3 de xullo de 2020, o Curso Discapacidade e Educación Superior: A Universidade, unha porta ao mundo aberta para todos, dentro da súa oferta de Cursos de verán en modalidade en liña. O obxectivo do mesmo é ofrecer unha visión global da investigación universitaria no ámbito da discapacidade, profundando nela para suscitar dificultades e aportar posibles vías de solución.

O Observatorio de Políticas Públicas en Materia de Discapacidade, Atención á Diversidade e Igualdade de Oportunidades (Proxecto CE10) foi invitado para participar na mesa redonda 4 “A investigación e innovación ao servizo de mellóra da calidade de vida das persoas con discapacidade” a celebrar o día 3 de xullo ás 9:30h. En devandita mesa a Directora do Proxecto CE10, Dna. Marta García Pérez, expoñerá, principalmente, os resultados do Informe “Cuestións xurídico administrativas en torno á inclusión do alumnado universitario con discapacidad e necesidades educativas especiais” e a realidade da educación inclusiva no sistema universitario público español.

O programa completo do curso e a posibilidade de matricularse no mesmo atópanse neste enlace.

Proxecto CE10 incorporado como colaborador no Foro de Educación Inclusiva (FEI)

Proxecto CE10 entrou a formar parte do grupo de colaboradores do Foro de Educación Inclusiva: una universidad abierta a la diversidad (FEI). Este Foro pretende crear un espazo onde os membros da comunidade universitaria poidan establecer contacto e compartir coñecementos e experiencias que contribúan a crear e consolidar un marco universitario inclusivo. Seguir lendo

Proxecto CE10 participa nun taller sobre transferencia de resultados de investigación organizado pola Fundación General Consejo Superior de Investigaciones Científicas (FGCSIC)

Fundación General CSIC, xunto coa agrupación empresarial Plataforma del Español, organizou durante os días 1 e 2 de decembro, no Real Jardín Botánico de Madrid, o taller “Desenvolvemento competencial para a transferencia de coñecemento en Humanidades e Ciencias Sociais”, que contou coa participación de expertos nesta materia, así como coa participación de investigadores e grupos de investigación que presentaron aos asistentes cadansúa iniciativa de transferencia. Seguir lendo

Presentación oficial do Informe “Cuestións xurídico administrativas no tocante á inclusión do alumnado universitario con discapacidade e necesidades educativas especiais”

Proxecto CE10 e o Consello Social organizaron a Xornada ‘Universidade, discapacidade e inclusión. Estado da cuestión e retos de futuro’ que celebrouse o mércores 23 de novembro no Salón de Graos da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña (UDC). Esta Xornada tivo como obxectivo a presentación das conclusións do informe “Cuestións xurídico administrativas no tocante á inclusión do alumnado universitario con discapacidade e necesidades educativas especiais”, o principal traballo realizado ata o de agora polo Proxecto CE10. Seguir lendo

O Proxecto CE10 presenta no III CIUD as conclusións do Informe sobre estudantes con discapacidade e necesidades educativas especiais na Universidade

Fundación ONCE organizou a terceira edición do Congreso Internacional Universidad y Discapacidad (CIUD), este Congreso de carácter bianual tiña por título nesta edición: “Unha Universidade inclusiva para unha Sociedade incluínte”. Este encontro celebrouse en Madrid os días 10 e 11 de novembro no Centro Deportivo e Cultural da ONCE. Seguir lendo

Membros de Proxecto CE10 colaboran na novidosa publicación anual sobre discapacidade da Fundación Derecho y Discapacidad e o CERMI

Fundación Derecho y Discapacidad e o CERMI recentemente fixeron o lanzamento do primeiro número de “Anales de Derecho y Discapacidad”, publicación periódica anual que aspira a converterse en referencia no eido dos estudos sobre dereitos e protección xurídica das persoas con discapacidade. Seguir lendo

Investigadores de CE10 participan na xornada ‘Retos e tendencias sobre discapacidade e inclusión’

Os investigadores e integrantes do Proxecto CE10 Paloma Caneiro González, Jorge López-Veiga Brea e María del Carmen Rodríguez Martín-Retortillo asistiron o pasado 21 de abril á xornada ‘Retos e tendencias sobre discapacidade e inclusión no ámbito Universidade-Empresa’ organizada polo Consello Social da Universidade da Coruña na Sede de Afundación en A Coruña.
Seguir lendo

A Cátedra de discapacidade e empregabilidade Tempe-Apsa visita a Universidade da Coruña

O equipo da Cátedra de Discapacidade e Empregabilidade Tempe-Apsa da Universidade Miguel Hernández de Elche (UMH) visitou o pasado 15 de marzo a Universidade da Coruña (UDC), con motivo dunha rolda de encontros organizada para fomentar o achegamento entre académicos e técnicos vinculados a ambas institucións, expertos en responsabilidade social, discapacidade e atención á diversidade. Seguir lendo

O programa ‘Oportunidad al Talento’ renova a bolsa da investigadora Paloma Caneiro

A Fundación ONCE renovou a bolsa do programa ‘Oportunidad al Talento‘ para estudantes universitarios con discapacidade á investigadora, e integrante do Proxecto CE10, Paloma Caneiro. A convocatoria para o curso académico 2015-2016 incluía a modalidade de bolsas de Doctorado e Investigación, dotadas con 12.000 e 25.000 euros respectivamente. Seguir lendo