• Fomento do desenvolvemento dunha universidade pública baseada no enfoque do ‘Deseño para todos’

O noso proxecto

Investigadores do Grupo Dereito Público Global da Universidade da Coruña (UDC) e expertos de diferentes ámbitos científicos promoveron en 2014 a constitución dun Seminario Permanente sobre Diversidade coa aspiración de impulsar no ámbito educativo a efectiva realización dos dereitos das persoas con discapacidade recollidos na Convención das Nacións Unidas. Das conclusións daquel Seminario nace o proxecto de investigación CE10.

Obxectivos

CE10 actúa como Observatorio de Políticas Públicas en Materia de Discapacidade, Atención á Diversidade e Igualdade de Oportunidades, co patrocinio do Consello Social da UDC. Centrado no ámbito da educación superior, ten como obxectivo analizar a normativa, os plans, os programas e as accións das universidades dende a perspectiva da atención á diversidade. Todo iso coa finalidade de facer recomendacións e propostas de reforma, mellora ou innovación.

Liñas de traballo

Investigación

O proxecto CE10 centrou as súas primeiras investigacións no estudo dos dereitos dos estudantes con discapacidade na Universidade. O principal resultado daquela investigación é a elaboración dunha Carta que contén o decálogo de dereitos que se consideran imprescindibles e irrenunciables tras a ratificación por España da Convención dos dereitos das persoas con discapacidade.

Formación

CE10 promove accións formativas orientadas aos membros da comunidade universitaria e aos futuros estudantes na súa etapa preuniversitaria. Entre as obrigas dos Estados Partes na Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade está “promover a formación dos profesionais e o persoal que traballen con persoas con discapacidade” (artigo 4.1.i).

Sensibilización

Dende CE10 vanse promover accións de sensibilización no ámbito educativo con transferencia e divulgación dos resultados das súas investigacións e actividades formativas. A Convención de Nacións Unidas sobre dereitos das persoas con discapacidade recolle o compromiso dos Estados Partes de adoptar medidas inmediatas, efectivas e pertinentes dirixidas á “toma de conciencia” (artigo 8).

Publicacións e resultados

Actualidade

Proxecto CE10 incorporado como colaborador no Foro de Educación Inclusiva (FEI)

Proxecto CE10 entrou a formar parte do grupo de colaboradores do Foro de Educación Inclusiva: una universidad abierta a la diversidad (FEI). Este Foro pretende crear un espazo onde os membros da comunidade universitaria poidan establecer contacto e compartir coñecementos e experiencias que contribúan a crear e consolidar un marco universitario inclusivo.

Ler máis ...
Posted in Actualidade | Comentarios desactivados en Proxecto CE10 incorporado como colaborador no Foro de Educación Inclusiva (FEI)